Evacuación urxente de varias poboacións polo incendio descontrolado que arrasa Baleira, Lugo (vídeos)

A xornada empezou con só 30 hectáreas queimadas e antes de que termine o xoves xa roldan as 200. Fai tanto vento que, ademais de alimentar unhas chamas desbocadas, os medios aéreos xa non poden combater o lume desde o aire. 


|

O forte vento, que se manterá os próximos días, provocou xa outros incendios en lugares como Vieiro (Viveiro), Lagoa (Alfoz), Queguas (Entrimo) e Vieiro (Viveiro). 

 

Son varias as ducias de veciños desaloxados de localidades como Forneas, Cortevella e Murias. A fumareda ha alcanzada tal magnitude que é visible desde Lugo capital.

 

A Xunta acaba de suspender os permisos para todas as queimas agrícolas. Ollo, tamén os vixentes, están aprobados pero non se poderán executar.

 

 

Brigadistas en el incendio de Baleira en una imagen de la CRTVG
Brigadistas no incendio de Baleira nunha imaxe da CRTVG


Os habitantes de varias aldeas tiveron que ser desaloxados das súas casas pola proximidade do incendio forestal que permanece activo en Baleira (Lugo), onde arderon xa 200 hectáreas.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes de Protección Civil da Fonsagrada que participan no operativo articulado polo incendio, os veciños de Fórneas, A Cortevella e Estremeiro --estes dous últimos no termo municipal da Fonsagrada-- tiveron que ser evacuados pola proximidade das chamas nun incendio condicionado polas circunstancias climatolóxicas.

 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE