Unha colisión múltiple entre seis vehículos deixa tres persoas feridas en Castroverde

O accidente tivo lugar na estrada LU-530 ao redor das 9:30 da mañá


|

Ambulancias
Arquivo - Ambulancias

Unha colisión múltiple entre seis vehículos deixou a tres persoas feridas no muncipio de Castroverde, na provincia de Lugo. Os feridos non presentan, afortunadamente, lesións de gravidade.

 

Segundo a información trasladada pola central de emerxencias, un particular informou pasados uns minutos das 9:30 dunha colisión entre varios vehículos na estrada LU-530, ao seu paso polo municipio de Castroverde.

 

O servizo informou o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Sarria, cuxa intervención finalmente non foi necesaria. O 112 tamén informou o persoal de mantemento de estrada.


Despois de informar que foran seis os vehículos afectados, os axentes indicaron que as tres persoas, a pesar de resultar feridas de carácter leve, foron trasladadas polos servizos sanitarios.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE