Detido un condutor bébedo que quitou a vida a un motorista en Lugo ao arroialo co seu coche

O condutor dun turismo foi detido acusado de homicidio imprudente ao chocar contra un motorista, que perdeu a vida no sinistro ocorrido en Lugo. O arrestado deu positivo no control de alcoholemia, cunha taxa tres veces superior á permitida, ao alcanzar 0,78 miligramos/litro.

 


|

Os feitos ocorreron este luns, pouco antes da medianoite, na confluencia da Rolda do Carmen coa rúa Santiago.
 

O condutor, detido, triplicaba a taxa de alcol permitida, con 078 miligramos por litro. O motorista morreu no lugar do accidente sen que os equipos de emerxencia puidesen facer nada por salvalo. 

 

Motorista falecido en Lugo
Foto: EP

 

O condutor dun turismo foi detido acusado de homicidio imprudente ao chocar contra un motorista, que perdeu a vida no sinistro ocorrido en Lugo. O arrestado deu positivo no control de alcoholemia, cunha taxa tres veces superior á permitida, ao alcanzar 0,78 miligramos/litro.

O sinistro tivo lugar ás 23,30 horas deste luns, 26 de setembro, segundo informou a Policía Local. O accidente tivo lugar na confluencia da Rolda do Carmen coa rúa Santiago.

Os axentes que participaron no dispositivo comprobaron que un turismo chocara coa parte dianteira contra a posterior dunha motocicleta, que estaba detida nun semáforo na confluencia coa rúa Santiago. Como consecuencia do impacto, desprazouna violentamente e o seu condutor quedou tirado na calzada.

O condutor da moto, de 50 anos de idade, foi asistido por unha ambulancia do 061, pero o facultativo só puido certificar o seu falecemento.

Os policias locais practicaron ao condutor do turismo, de 65 anos e veciño de Lugo, unha proba de alcoholemia, que lanzou un resultado positivo de 0,78 mg/l.

Así, o home foi detido acusado dun presunto delito de homicicio imprudente, con resultado de morte. Foron instruídas dilixencias para o xulgado de garda.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE