(VÍDEO) Alfonso Rueda convertido en influencer ao viralizar un paso da Semana Santa de Ferrol

O vídeo do presidente da Xunta acumula case 150.000 reproducións en Facebook e miles de interaccións. 


|

IMG 4189
Foto: Xunta

 

Seguro que mentres sostiña o teléfono móbil, o último que se imaxinou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, era que o seu vídeo do Xoves Santo ía facerse viroso. O mandatario autonómico acudiu ás celebracións da Semana Santa ferrolá, unha das máis vistosas e con máis seguimento na comunidade, para presenciar, entre outras, o encontro entre Cristo e a Piedade, un momento emblemático da celebración e que o presidente da Xunta filmou co seu teléfono para logo compartilo cos seus seguidores.

 

Só en Facebook, o vídeo acumula preto de 150.000 reproducións, multiplicando así por dez o número de seguidores do político. O líder do PPdeG converteuse nunha tendencia nesa rede co seu vídeo. "Hai que vivila, impresionante", resumía en redes, logrando máis de 17.000 interaccións e centenares de comentarios. Tamén en Instagram e Twitter, aínda que un pouco máis disimuladamente, tivo unha importante repercusión.

 

 

É o esforzo dos portadores, descalzos, que acompañan a música co seu movemento compasado, creando unha atmosfera litúrxica dificilmente igualable que culmina cun gran aplauso dos asistentes ante o levantamento da figura, o que converte o vídeo en algo realmente especial. 

 

Non era a primeira vez que Rueda se achega á cidade departamental a celebrar a Semana Santa, pero neste 2023 desprazouse tamén para presidir a entrega das Medallas de Ouro da Confraría de Dores, onde condecoró á Armada Española, representada polo almirante xefe do arsenal, Ignacio Frutos, e o xornalista cedeirense Bieito Rubido. Tamén en Ferrol estiveron presentes outras personalidades da política galega, como o delegado do Goberno, José Ramón Gómez Besteiro, ou o alcalde ferrolán, Anxo Mato. 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE