Así soa Arquitects, adianto do novo EP de Pants Off e colaboración con Dakidarría (vídeo)

Cun son máis maduro que o dos seus primeiros anos e cunha pandemia polo medio, a banda estradense Pants Off regresa a primeira liña co seu punk-rock de raíces californianas en galego cun novo CD, 'Invisibles', no que continúan explorando estes sons da man de colaboradores da talla dos Dakidarría.
 


|

Archivo - El grupo estradense Pants Off
 


O EP, lanzado ao público esta mesma semana e xa dispoñible nas principais plataformas dixitais, está formado por cinco temas integramente en galego, gravados en Santiago de Compostela Bungalow Studios, con Pla Vinseiro --da banda Crisix-- na produción e mesturado en Valencia por Raúl Artana. Ademais, entre os novos temas que nos trae o grupo está 'Arquitectos', en colaboración coa banda Dakidarría.

 



Pants Off levan 'en activo' como formación desde 2007, unidos pola súa paixón polo punk-rock de raíces californianas que quixeron traer a Galicia e, agora, ao idioma galego. Tras unha primeira etapa de mocidade, o grupo retomou a súa actividade en 2017, cun estilo e unhas letras moito máis maduras e un enfoque máis social e comprometido, no que tamén incorporaron o idioma galego.

'Onde vos ventos falan' foi a primeira canción publicada desta nova etapa, á que seguiu 'Outubro', coa participación dos raperos Ezetaerre.

A chegada da pandemia supuxo un punto e seguido, no que Pants Off publicou dúas versións en acústico destes dous temas, así como outras pílulas, entre elas unha adaptación da canción de Blink 182 'San Diego', que pasou a chamar 'Sempre en Santiago'.

A partir de aí, o grupo envorcouse na gravación deste novo traballo, fiel ao seu estilo inédito no noso sistema musical aínda que tamén trufado de toques metal e pop, que viu a luz co arranque de 2023.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE