Axuda para atopar a Daniel, un rapaz de 17 anos desaparecido en Ferrol
A familia denunciou que falta desde o pasado sábado cando colleu un tren cara a Santiago de Compostela
Un mozo de 17 anos de idade veciño de Ferrol falta desde o sábado, xornada na que saíu en tren destino a Santiago de Compostela, cidade na que estuda, segundo informou a Asociación SOS Desparecidos.
Ante iso, conforme sinalou, púxose unha denuncia de desaparición na Comisaría da Policía Nacional de Santiago de Compostela, que foi ampliada na Comisaría de Ferrol.
O mozo, con identidade Daniel Díaz Suárez, ten 17 anos e mide 1,75, ten complexión grosa e pelo castaño. Levaba posto pantalón e chaqueta negra e utiliza dúas muletas.
Escribe o teu comentario