Segundo día de folga nos buses de Ferrol e a CIG denuncia "momentos de tensión" e a "chulería" de Alsa

O sindicato denuncia o emprego de persoal eventual e de empregados de Intercar durante a folga para cubrir os servizos mínimos.


|

WhatsApp Image 2024 07 16 at 10.19.18
Foto: CIG

 

Nova xornada de folga e máis piquetes na estación de autobuses de Ferrol, onde esta mañá, como xa ocorreu o luns no inicio dos paros, concentrouse un nutrido grupo de traballadores en protesta pola negativa da empresa Maiturs, filial de Alsa, a asinar o convenio. Os servizos mínimos son os únicos que están a operar nestes momentos na cidade departamental, onde hai moitas liñas afectadas pola protesta. 

 

Fontes da #CIG detallan que esta segunda xornada desenvólvese cun seguimento "do 90% do persoal" sendo preto de 40 os profesionais chamados a secundar os paros. Na mesma liña, denuncian que a compañía tratou de pór en circulación "liñas regulares no medio dos servizos mínimos". 

 

"Os piquetes fixeron o seu labor e non saíron. Parouse esa situación, pero houbo algún momento de tensión", apuntan. "Queremos denunciar a actitude totalmente prepotente e chulesca dos responsables da empresa", subliñan desde a CIG.

 

Por outra banda, o sindicato critica o uso de "persoal de Intercar", a outra empresa da UTE que se fixo con este servizo, para operar durante a folga de Maitur. "É obvio que a empresa está a facer esquirolage. Dixémolo no primeiro día de folga pero agora está máis que contrastado", reprenden desde a CIG, que se puxeron ao choio para proceder legalmente contra Alsa polo que consideran unha actitude que "vulnera o dereito á folga". 

 

WhatsApp Image 2024 07 16 at 10.19.19
Foto: CIG

 

De igual maneira, tamén reiteran na súa denuncia o emprego de" persoal eventual para dobrar quendas", o que cualifican de "unha ilegalidade" por parte de Alsa. "O persoal ten uns servizos marcados anualmente, cun cuadrante, pero a empresa fai dobrar estes servizos porque se non son incapaces de chegar para cubrir nin sequera os servizos mínimos", informan. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE