A Xunta adxudica por 42.600 euros a planificación de novos vertedoiros para residuos non perigosos

O propósito é, principalmente, afastar este tipo de depósitos de núcleos habitados, evitar filtracións a acuíferos e blindar o patrimonio cultural


|

ángeles vázquez
anxos vázquez

 

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, adxudicou o contrato de elaboración do plan específico para a zonificación da implantación de vertedoiros de residuos non perigosos.

Cun orzamento de 42.686 euros, este plan --anunciado en marzo, tras o seu acordo no Consello da Xunta-- pretende delimitar os lugares nos que poderán establecer a partir de 2026 este tipo de instalacións. Segundo apunta o Goberno galego, esta é unha norma "pioneira" en España.

O propósito é, principalmente, afastar este tipo de depósitos de núcleos habitados, evitar filtracións a acuíferos e blindar o patrimonio cultural. Este tres serán os criterios para esta delimitación das zonas. A elaboración da planificación farase, por unha banda, aplicando unha metodoloxía baseada en sistemas de información xeográfica (SIG) e, por outro, nunha análise multifactorial.

Este enfoque permitirá recompilar, xestionar e analizar datos espaciais, cos que identificar as áreas idóneas para albergar estas instalacións e asegurar decisións fundamentadas en evidencias, minimizando riscos ambientais e climáticos, impactos paisaxísticos e de saúde pública.

Co mesmo fin, tamén se valorará unha distribución xeográfica proporcional e racional dos vertedoiros do territorio, para evitar, por exemplo, unha posible concentración destas instalacións nunha mesma provincia.

PRAZO DE EXECUCIÓN
O prazo de execución do contrato é de 13 meses (incluídos os tempos de tramitación ambiental do plan) e dividirase en tres fases. A primeira centrarase en definir a metodoloxía de traballo e o inventario de condicionantes para a súa implantación a futuro e en facer unha diagnosis da situación actual dos vertedoiros de residuos non perigosos autorizados en Galicia.

A continuación, elaborarase o borrador e recompilarase a información necesaria para iniciar a tramitación ambiental do documento inicial e nunha terceira fase, redactarase a versión definitiva, que estará lista o ano que vén.

AUMENTO DO 70% DOS RESIDUOS NON PERIGOSOS
Segundo lembra a Xunta, a produción de residuos non perigosos en Galicia aumentou en case un 70% nunha década, co que pasou dun volume global de xeración de 1.889.828 toneladas en 2013 a un de 3.191.203 toneladas no ano 2022, o que xerou maior presión sobre os vertedoiros de residuos non perigosos existentes.

De feito, a día de hoxe o único vertedoiro controlado de residuos non perigosos de orixe industrial activo en Galicia e con capacidade de recollida é a de Sobrado dos Monxes.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE