Sen acordo de última hora entre Correos e a CXT, que chama aos traballadores á folga este venres

Será a terceira xornada de folga tras as protestas do 26 de febreiro e o 5 de marzo. 


|

Glc9W14WoAAIkpE
Foto: CXT

 

Cunha folga programada para este venres 14 de marzo entre o persoal de Correos, a Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos e o sindicato #CXT, convocante dos paros, mantiveron esta semana distintas reunións a fin de desbloquear o conficto e evitar as protestas. Con todo, este xoves a organización sindical levantouse da mesa na súa demanda por un convenio digno no conxunto do Estado, contrariados pola postura de Correos que, como apuntan fontes sindicais a este diario, "nin sequera presentou a documentación".

 

 

TERCEIRO DÍA DE FOLGA

A situación leva meses enquistada e os carteiros mobilizáronse na rúa co último exemplo o pasado 5 de marzo, cando tivo lugar unha gran concentración en Santiago de Compostela con traballadores procedentes de distintos puntos de Galicia. Desde CXT esperan que o seguimento deste venres sexa "semellante" ao das dúas anteriores xornadas de folga nas cidades galegas, que consideraron "significativo", cun seguimento de até o 60% en oficinas da Coruña, Ferrol ou Santiago

 

 

O obxectivo da CXT é mellorar as condicións do convenio e retíraa do Acordo Marco. Con todo, ao confiar en que as negociacións desta semana chegarían a bo porto, a CXT non contempla que se celebren mobilizacións en Galicia como si se farán en Madrid, Barcelona ou Sevilla. E é que o tempo aprema pois, como precisa o sindicato, o acordo debe ser ratificado antes deste sábado ou decaerá, tal e como esixen desde CXT, á vez que explican que a intención de Correos é prorrogar a negociación até o 30 de xuño ante a falta de apoios. 

 

Este documento inclúe, a xuízo da CXT, "recortes lesivos para o persoal", polo que demandan a outros sindicatos que "retiren a súa firma" xa que entre as intencións de Correos está a de reducir a masa salarial até un 70% nos próximos dous anos, o que se traduce na destrución de entre 8.000 e 10.000 postos de traballo.

 

Os avances no diálogo entre as partes foron mínimos e "a única novidade", considera a CXT, é a recuperación do programa "de excedencias incentivadas unicamente para o persoal funcionario, que nestes momentos é aproximadamente apenas o 6% do persoal da compañía".  Por outra banda, tamén consideran relevante a proposta para o traslado de 800 traballadores en centros híbridos con Correos Expres, "sendo o de POCOMACO, na Coruña, o máis relevante con 18 persoas afectadas por ese traslado".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE