Naturgy mellorará a liña de alta tensión entre Vilalba e Begonte inviertiendo máis de 1,7 millóns
UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, investiu máis de 1,7 millóns de euros na mellora da súa rede de alta tensión nos municipios lucenses de Vilalba e Begonte.
UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, investiu máis de 1,7 millóns de euros na mellora da súa rede de alta tensión nos municipios lucenses de Vilalba e Begonte.
En concreto, a compañía renovou 40 torretas eléctricas da liña de alta tensión. Estas estruturas chegaran ao final da súa vida útil e foron substituídas por outras novas para garantir unha subministración máis segura e estable, o que suporá unha mellora na calidade do servizo eléctrico tanto na comarca de Terra Chá como en Ferrolterra.
A compañía inclúe cada ano no seu plan de investimentos actuacións e iniciativas para potenciar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución eléctrica, especialmente en zonas rurais, contribuíndo así ao desenvolvemento económico destes territorios e á mellora das súas condicións de vida.
Para o delegado de UFD na provincia da Coruña, Emilio Castro, "o investimento realizado na liña de alta tensión entre Begonte e Vilalba é unha das máis importantes da distribuidora en Galicia. Esta actuación garante a modernización dunha infraestrutura crave nas provincias de Lugo e A Coruña, garantindo un servizo máis eficiente e fiable para os clientes da zona".
Escribe o teu comentario