Gadis celebra a apertura dun gran supermercado en Sanxenxo con case 40 traballadores

O persoal incorpora a 14 empregados de nova incorporación para a superficie comercial de preto de 2.000 m2.


|

GADIS SANXENXO 1
Foto: Gadis

 

A piques de pechar 2024, Gadis segue sumando supermercados á súa lista de establecementos cos que prestar o mellor servizo aos seus clientes, nesta ocasión nunha localidade como Sanxenxo que, en vacacións e datas sinaladas, dispara o número de habitantes do municipio pontevedres, o que obriga a dispor dunhas instalacións grandes para poder acoller neses momentos puntuais a unha gran cantidade de poboación. Desde a firma de supermercados galega previron este escenario e inauguraron unha gran tenda para estar á altura da situación.

 

Trátase dun espazo con 163 prazas de parking gratuítas e preto de 2.000 m2 de superficie en Lugar Vinquiño, sendo as novas instalacións unha infraestrutura que cumpre coas normativas de sustentabilidade, eficiencia enerxética e accesibilidade para todos os clientes, que poderán disrutar dos máis de 10.000 artigos, tanto frescos como embasados, que estarán a disposición dos visitantes.  

 

GADIS PESCADERu00cdA SANXENXO
Foto: Gadis

 

"En liña coa filosofía empresarial, priorizáronse as seccións de produto fresco, que aúnan variedade,
calidade e prezo, así como a atención no mostrador tradicional. Isto fomenta a captación e retención de
talento, con profesionais especializados que prestan atención directa en pescadería, carnicería, charcutería,
frutería e panadaría", detallan desde Gadis, á vez que puntualizan que o persoal, con 39 profesionais en nómina, conta ademais con 14 novas incorporacións, dando continuidade á aposta de Gadis polo emprego de calidade. 

"A sustentabilidade guiou o proceso de construción do novo Gadis de Sanxenxo, no que se primou o aproveitamento de luz natural do exterior e dotouse con modernos sistemas de frío e calor para unha maior eficiencia enerxética. O mobiliario de última xeración, a configuración dos espazos e os amplos
corredores garanten, así mesmo, a accesibilidade e comodidade a todos os perfís de clientes", abunda a compañía, que destaca na súa filosofía a "proximidade aos clientes" para ser "sempre a súa mellor opción de compra". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE