Promoverá RDG parques eólicos ou minas? Roda: "Si, pero sempre co mesmo obxectivo: abaratar a factura"

Tras o anuncio da creación de Recursos de Galicia (RDG) como unha sociedade mixta na que a Xunta participará nun 30%, quedan moitas dúbidas de como conseguirá esta firma abaratar o prezo da enerxía e, á vez, obter beneficios para o outro 70% restante, que corresponde a empresas da talla de Abanca, Ence ou Finsa. Galiciapress preguntou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sobre este difícil equilibrio, que o mandatario cre que "non resulta incompatible".


|

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, antes de participar en el Consello de la Xunta.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, antes de participar no Consello da Xunta.

 

A posta en marcha da compañía mixta Recursos de Galicia (RCG), na que a Xunta de Galicia terá unha participación do 30% nunha sociedade na que tamén investirán compañías da talla de Abanca, Finsa, Ence, Rianxeira, Megasa ou Abril, promete ser un cambio no mercado enerxético nun momento no que a competición dentro desta industria é feroz. O prezo da enerxía preocupa e moito á sociedade galega, mentres modelos como os proxectos eólicos provocan un forte debate social en todas as contornas nos que se proxecta a instalación de aeroxeradores. Para os afectados e para as empresas pensouse en RDG, segundo sostén a administración galega, pero coa dúbida de como se financiará este proxecto e si alcanzará beneficios.

 

 

CAPITAL PRIVADO Ao SERVIZO DO PÚBLICO?

Emilio Bruquetas, ex-directivo de Reganosa, asumirá este reto que aínda non despexou todas as incógnitas que o rodean. Como sacará beneficios esta sociedade mixta? Os investidores privados buscarán rédito económico para unha iniciativa que ten como obxectivo principal abaratar a factura da luz de moitos fogares galegos -aínda que hoxe non se sabe de cantos estamos a falar- pero sobre a que o 70% da participación está en mans do capital privado, o que dificulta ese "interese público" do que fai gala o Goberno de Galicia. 

 

Un xogo de malabares que só podería facer, a xuízo de moitos actores do gremio, se Recursos de Galicia non asume só o papel de comercializadora, senón si tamén, como fan as grandes enerxéticas do ramo, comeza a abrir os seus propios parques eólicos ou complexos mineiros. Só con esta infraestrutura podería ser viable esta firma nun mercado onde naufraga unha de cada tres compañías, segundo os datos da Comisión Nacional do Mercado da Competencia

 

Con todo, polo menos de momento e despois da súa presentación en sociedade, nunha primeira fase RDG centraranse na adquisición de paquetes de enerxía renovable xerados por terceiros, co fin de asegurar a subministración no curto prazo. Máis adiante, os pasos a dar resultan aínda impredicibles.

 

 

"ABARATAR O CUSTO" PERO "CONSEGUIR BENEFICIOS"

Consultado por este diario sobre se a Xunta planea que a empresa vaia dar o paso de participar e promover parques eólicos, centrais enerxéticas ou minas, Alfonso Rueda respondeu: "Si, pero sempre coa mesma intención: abaratar o custo da enerxía e facilitar a implantación de proxectos que aseguren que as industrias que necesiten esa enerxía imprescindible para o seu funcionamento vanse a instalar porque van tela". Esta contundente resposta deixa aberta a porta a que RDG sexa no medio prazo unha empresa tradicional máis do sector pero participada pola Xunta.

 

"Eses son os obxectivos de RDG, esta sociedade na que participa a Xunta con investidores privados", insistiu o mandatario, que detallou en que a presenza da Xunta neste proxecto "obedece a conseguir eses beneficios, tanto de favorecer a implantación de fontes de enerxía necesarias para seguir creando riqueza e emprego e, a través da comercializadora, abaratar o prezo da enerxía". 

 

A ollos de Rueda, a dúas cousa son "completamente compatibles" xa que "a Xunta non está aí, nin moito menos, cun afán de lucro". "Somos unha administración sen afán de lucro. Temos o afán de favorecer economicamente, a través da comercializadora e directamente coa instalación de novas empresas, á sociedade galega", insiste o presidente autonómico.

 

Por outra banda, e aínda que admite que hai cuestións que "se poden discutir porque hai obxeccións razoadas", aínda que di que "outras moitas responden ao puro interese político", Rueda suxire que a acollida de RDG foi "boa". "Estamos a facer o que faría unha administración responsable", gabia. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE