Os inicios, a temática escollida por Gadis para unha nova edición do seu concurso de microrrelatos

Un patinete eléctrico, un eBook ou unha cámara de fotos son algúns dos premios desta proposta para incentivar a cultura.


|

GADIS MICRORRELATOS
Foto: Gadis

 

Os inicios. Emprender algo novo. Descubrir un lugar. Empezar nun traballo, nun colexio, nunha cidade descoñecida. Esa é a temática elixida por Gadis para unha nova edición do concurso de microrrelatos da cadea de supermercados, que encara o seu V Edición. 


Con 100 palabras de tope, os interesados poden participar nesta iniciativa coa que Gadis busca espertar a imaxinación dos seus clientes, que terán a oportunidade de gañar grandes premios, como un patinete eléctrico, unha cámara instantánea Polaroid ou un eBook, ademais de saír no compendio dos mellores 100 relatos que conformarán o libro do concurso, que se repartirá no establecemento da firma. 

 

Incentivar a escritura e a lectura entre públicos de todas as idades son algúns dos obxectivos que se expoñen”, destacan desde Gadis, que en anos anteriores propuxo os soños, a natureza ou os descubrimentos como os eixos centrais do seu concurso. 
 

GADIS MICRORRELATOS 1
Foto: EP

 

“As únicas condicións para participar son ter máis de 14 anos, cubrir o formulario na web antes do 8 de setembro e que os textos deben ser orixinais e inéditos, cun máximo de cen palabras. Poden  estar escritos en castelán ou en galego, pero sen límites á creatividade: baseados en feitos reais, fantásticos, íntimos, de medo…”, indican os organizadores, que acolleron os escritos duns 6.000 participantes nas edicións anteriores. 

 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE