Mercadona inviste 4 millóns de euros na apertura dun gran supermercado en Narón

A cadea de supermercados reafirma a súa aposta na comunidade galega con estas modernas instalacións. 


|

24023 NdP Apertura A Corunu015ea 01
Foto: Mercadona

 

Unha tenda de vangarda acaba de abrir en Narón , máis concretamente na Estrada de Cedeira, 296. Trátase do último supermercado que inaugura Mercadona na comunidade galega, un espazo para que os "xefes", como chaman desde a firma aos seus clientes, poidan gozar de todas as comodidades en 1.750 metros cadrados de superficie. É a tenda número 62 da compañía en Galicia

 

Trátase dun establecemento punteiro que levou a Mercadona a investir 4 millóns de euros nunha obra na que se deron emprego a 150 persoas durante a súa construción e na que participaron 40 provedores. A apertura do supermercado supón a contratación de máis dunha ducia de traballadores dentro dun persoal que contará con 38 profesionais. 

 

O aparcadoiro dispón de 205 prazas, das cales 140 son cubertas e sete están pensadas para vehículos eléctricos. No referido á estancia, unha das novidades é a entrada con dobre acristalado que evita correntes de aire e uns espazos máis amplos e diáfanos para a comodidade dos usuarios, que gozarán de máis luz natural con este modelo eficiente.

 

24023 NdP Apertura A Corunu015ea 04
Foto: Mercadona


O uso de materiais reciclados é só unha parte do compromiso de Mercadona co medioambiente, xa que as medidas que se levaron a cabo neste supermercado, como son o uso de iluminación LED automatizada, a mellora do illamento térmico e acustico ou a instalación de 418 módulos fotovoltaicos para abastecer de enerxía á tenda e avanzar nos terreos do autoconsumo e a descarbonización. O aforro a nivel anual é dun 20% de enerxía e a redución dunhas 30 toneladas de CO2
 

Ademais, este centro conta coa sección 'Listo para Comer', onde os clientes disporán de bebidas frías e pratos listos para o seu consumo, xa sexa fóra do local ou no propio establecemento, que dispón dunha área de descanso con cadeiras e mesas. Tamén inclúe unha zona común para os empregados pensada para os seus momentos de descanso, ademais de facilidades como o novo moble de caixa e medidas para mellorar a ergonomía e eliminar sobreesfuerzos.

 

24023 NdP Apertura A Corunu015ea 02
Foto: Mercadona

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE