Naturgy inviste preto de medio millon de euros para mellorar a subministración eléctrica en Monforte e A Pobra do Brollón

Os municipios lucenses, pertencentes á comarca de Terra de Lemos, beneficiaranse deste investimento da enerxética.


|

Tendido elu00e9ctrico
Foto: EP

 

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, investiu preto de 500.000 euros en varias actuacións para mellorar as instalacións eléctricas nos municipios lucenses de Monforte de Lemos e A Pobra do Brollón.

Así, en Monforte, a compañía substituíu, no lugar de Reigada, o centro de transformación existente por un novo e reforzou a rede de baixa tensión instalando máis de 2.200 metros de cable.

Así mesmo, a tamén cambiou o transformador existente en Morín por un novo en caseta, e construíu unha nova liña de baixa tensión para reforzar a rede de distribución.

Na Pobra do Brollón, UFD reformou a liña de media tensión aérea no lugar de Santa María de Piño e instalou un novo centro de transformación con caseta e a súa liña de baixa tensión subterránea asociada para mellorar a calidade da subministración na zona.

A compañía inclúe cada ano no seu plan de investimentos actuacións e iniciativas para potenciar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución eléctrica, especialmente en zonas rurais, contribuíndo así ao desenvolvemento económico destes territorios e á mellora das súas condicións de vida.

Para o delegado de UFD na provincia de Lugo, Jorge Mato, o investimento realizado en Monforte e A Pobra do Brollón "é unha proba máis do compromiso" da compañía co desenvolvemento enerxético da comarca de Lemos.

"As actuacións realizadas aumentarán a capacidade da rede de distribución do municipio, ademais de mellorar a fiabilidade da subministración eléctrica e minimizar os tempos de resposta ante calquera incidencia no municipio", sinalou Mato. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE