A Xunta acompañará este domingo ás 67 empresas vinícolas galegas que participan na feira Prowein en Alemaña

Pola súa banda, o certame 'The Grand International Wine Award Mundus Vini', organizado polo grupo editorial alemán Meininger Vertag, e que celebrou o seu 32ª edición a finais de febreiro en Alemaña premiou a un total de 31 viños galegos.


|

Wine
Arquivo - Feira Prowein / Foto: @prowein_tradefair

O Conselleiro do Medio Rural, José González, e o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, José Luís Cabarcos, acompañarán este domingo ás 67 empresas vinícolas galegas que participarán na feira Prowein, entre este domingo 19 e o vindeiro martes 21 na localidade de Düsseldorf, no nordeste de Alemaña

Segundo trasladou a Xunta de Galicia nun comunicado, a feira Prowein, a máis importante de Europa e unha das máis soadas a nivel mundial, céntrase no sector do viño e outras bebidas similares dirixida explusivamente a un público profesional.

 

Algunhas das adegas galegas contarán cunha caseta propia, como é o caso da denominación de orixe Rías Baixas, que organizará un túnel de viño, con 94 marcas participantes de 54 adegas.

 

Un total de oito empreas da denominación de orgien Ribeiro terán tamén posto propio, no que se exporán até 25 referencias de viños brancos e tintos.


O consello regulador de Valdeorras acode ao certame da man de 15 empresas coexpositoras, mentres que o de Ribeira Sacra faio con 19 adegas e a denominación de orixe Monterrei levará mostras de 14 adegas que exporán no seu posto.

 

VIÑOS GALEGOS PREMIADOS EN ALEMAÑA

O certame 'The Grand International Wine Award Mundus Vini', organizado polo grupo editorial alemán Meininger Vertag, e que celebrou o seu 32ª edición a finais de febreiro en Alemaña premiou a un total de 31 viños galegos.

 

Neste certame foron catados máis de 7.500 viños que foron avalados por un xurado profesional integrado por 242 expertos de 46 países.

 

Dos 31 viños galegos galardoados, 16 pertencen á Denominación de Orixe Rías Baixas, seis á de Ribeiro, dúas á de Ribeira Sacra, dúas á de Valeorras e un á de Monterrei.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE