O Corte Inglés e Hipercor "cárganse" o 21% de IVE en miles de produtos até o 29 de xaneiro

Desde este xoves e até o domingo 29 de xaneiro, O Corte Inglés, Hipercor e Bricor eliminarán o 21% de IVE en produtos como televisores, drones, videoxogos ou cámaras de fotos.

 


|

Desde este xoves e até o domingo 29 de xaneiro, O Corte Inglés, Hipercor e Bricor eliminarán o 21% de IVE en produtos como televisores, drones, videoxogos ou cámaras de fotos. 

 

Os descontos estarán dispoñibles nas tendas físicas, pero tamén na web e na app, onde podemos consultar todos os produtos beneficiados pola promoción. 

 

El corte ingl
Foto: EP

 

Unha ocasión inmellorable para facer todas esas compras urxentes sen que xaneiro se nos faga aínda máis costa arriba. Esa é a propesta que fan O Corte Inglés e Hipercor para estes días, nos que os espazos comerciais, a web e a app eliminan o 21% de IVE en miles de produtos até este domigno 29 de xaneiro. 

 

A promoción, vixente desde este xoves, supón un incentivo para compras nos departamentos de electrónica, electrodomésticos, música, mobles de cociña ou videoxogos. Neste tempo, os clientes poderán aforrar "o equivalente ao importe do IVE aplicado, en miles de artigos das mellores marcas". 

 

 

 

"Os descontos estarán dispoñibles desde esta noite na páxina web e app do Corte Inglés e até o domingo 29 de xaneiro até as 12 da noite. A promoción estará vixente en todos os centros do Corte Inglés, Hipercor e Bricor", subliñan as firmas. 

 

Desta forma, desde móbiles até lavadoras, pasando por frigorídicos, auricular, televisores e até drones ou patinétes eléctricos, gozasen dun desconto ao longo desta semana. "Así mesmo, mantéñense as vantaxes como son o seguro de 3 meses gratuíto, o envío a domicilio, a posta en marcha do produto adquirido e a retirada do aparello antigo ou, a compra do móbil antigo. Todo iso sempre coas mellores condicións de financiamento", agregan.   

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE