Premio á atención ao cliente da empresa galega de augas Viaqua
A adopción de comunicación mediante de lingua de signos é un dos factores que influíron na conquista deste galardón.
A empresa galega de xestión de augas Viaqua conquistou o premio "Servizo ao Cliente do Ano" no concurso organizado Sotto Tempo. A filial do grupo Agbar foi a mellor puntuada na categoría de empresas subministradoras de auga.
A compañía que presta o servizo da auga en cidades como Pontevedra, Santiago, Ourense, Ribeira e outras localidades- explica que impulsou o programa Contigo, un servizo multicanle que ten como obxectivo que todos os clientes, sen excepción, teñan fácil acceso aos seus servizos. A estratexia pasa por potenciar as vías non presenciais para facilitar a actuación en calquera momento e lugar, con especial foco nas persoas especialmente vulnerables.
O obxectivo é que cada cliente poida elixir a canle polo que é atendido, en función das súas necesidades, sen esperas e desprazamentos innecesarios. Ademais, Viaqua despregou novos servizos para actuar ante as barreiras de comprensión, mediante a atención en novos idiomas e en lingua de signos.
O concurso avalía cinco canles de atención remota: teléfono, correo electrónico/formularios web, portal web, redes sociais, chat virtual ou WhatsApp. O método que utiliza Sotto Tempo para seleccionar as empresas gañadoras mestura a estregia de "Mystery Shopper" e enquisas de satisfacción.
A responsable da área de Clientes de Agbar, María Monzó Llopis, que recolleu o galardón, afirmou que o factor crave ou é “a resposta rápida e eficiente por calquera canle, para a maioría de xestións e sen descoidar que, ante situacións de vulnerabilidade de calquera tipo, a proximidade é o noso valor principal: por iso, ademais de asegurar a mellor atención nas nosas canles non presenciais, promovemos o papel das oficinas de atención na nosa estratexia de canles.”
Viaqua poderá utilizar o distintivo de "Atención ao Cliente do Ano" nas súas comunicacións durante doce meses.
Escribe o teu comentario