A CIG avanza unha nova parada na produción en Stellantis Vigo este sábado 24 de setembro

A dirección da factoría olívica notificou a decisión ao sindicato este luns, que afectará á actividade da fin de semana no Sistema 2.

 


|

A dirección da factoría olívica notificou a decisión ao sindicato este luns, que afectará á actividade da fin de semana no Sistema 2.

 

A data únese á ladaíña de días nos que a fábrica de Vigo parou a súa produción desde o reinicio da actividade tras as vacacións de verán. 

 

Protesta da CIG en Stellantis
Protesta da CIG ante a planta de Stellantis | Foto: CIG

 

Unha parada máis en Stellantis Vigo, e xa van... A actividade na factoría de Balaídos verase interrompida este sábado 24 de setembro, segundo confirma a Confederación Intersindical Galega (CIG) no que será o enésimo parón da planta.

 

"Esta información terá que ser confirmada a cada traballador de forma individualizada pola xerarquía", agrega o comunicado da CIG. 

 

Queda por ver se este parón afectará a máis sistemas ou se se prolongará no tempo, polo que o persoal estará atenta aos seus teléfonos, canle empregada pola dirección para este tipo de comunicados, para saber cando terá lugar a parálise da planta. A crise dos microchips, agudizada polo mal momento da economía chinesa, principal responsable deste problema. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE