O 11.840, terceiro premio de 500.000 euros reparte case catro millóns de euros en nove localidades galegas
Ás 09:59 salgue un cuarto premio caendo en Santiago e Vedra. O terceiro premio saíu ás 09:50. Ás 09:16 saía o quinto premio de 60.000 € no Sorteo de Nadal.
Ás 11.15 horas saía o segundo cuarto premio, é o 48020, premiado con 200.000 euros en cada serie.
Culleredo, O Grove e Vigo son as localidades galegas nas que se repartiu
Pasadas as dez e media da mañá, Casa Jurjo da Picota, Mazaricos, recibía unha sorpresa co 74.778, un quinto premio de 60.000 euros.
O número 77.768 resultou agraciado co primeiro dos dous cuartos premios do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 200.000 euros á serie, caeu moi repartido en municipios das catro provincias galegas. Santiago, Vedra, Touro ou Laza.
Lugo, Vigo, O Porriño, Noia, Viveiro e O Grove levan parte do terceiro premio da Lotaría de Nadal, co número 11840 con 500.000 euros a 50.000 euros ao décimo.
O quinto premio, 37.876, saíu ás 09:16 e entre os lugares agraciados estaba a cidade de Lugo, en concreto na administración da praza de Santo Domingo, nas Galerías Villamor. Isto na primeira táboa do sorteo.
Escribe o teu comentario