A caída do prezo da luz en xullo axuda a rebaixar o IPC un 0,5%
A alza dos prezos segue sendo un asunto que preocupa á maioría dos españois, moitos deles con cada vez máis dificultades para poder facer fronte aos gastos máis comúns. En xullo, o IPC deu un respiro cunha baixada do 0,5%, unha moi boa noticia apoiada, en gran medida, pola rebaixa do prezo da luz.
Os datos feitos públicos este martes 13 de agosto polo Instituto Nacional de Estatística (#INE) deixan un recorte de seis décimas na taxa interanual, que chega ao 2,8%.
No prezo dos alimentos e bebidas non alcohólicas a taxa diminuíu 1,1 puntos, baixou en xullo até o 3,1%, debido, no seu maior parte, ao descenso dos prezos da froita e dos aceites e graxas.
Escribe o teu comentario