Os sobreviventes do 'Argos Xeorxia' serán trasladados a Santiago e Madrid e as autopsias faranse en Reino Unido
Os sobreviventes xa prestaron declaración na xornada do venres, polo que se prevé que o avión fretado polo Ministerio de Defensa saia cos sobreviventes ao longo da xornada deste sábado

Os catro tripulantes galegos sobreviventes do naufraxio do 'Argos Xeorxia' chegarán en avión a Santiago de Compostela; mentres que os dous observadores aterrarán en Madrid. Pola súa banda, lvos cadáveres dos falecidos serán trasladados ao Reino Unido para que se lle practique a autopsia.
Segundo informou a Delegación do Goberno en Galicia, os sobreviventes xa prestaron declaración na xornada do venres, polo que se prevé que o avión fretado polo Ministerio de Defensa saia cos sobreviventes ao longo da xornada deste sábado rumbo a España, polo que poderían chegar xa a territorio español este fin de semana.
Deste xeito, Defensa traballa no itinerario de regreso, coa previsión de deixar en Santiago de Compostela aos catro tripulantes galegos e en Madrid aos dous observadores científicos rescatados.
AUTOPSIA Aos FALECIDOS
Pola súa banda, os cadáveres dos mariñeiros falecidos serán trasladados a Oxfordshire, en Inglaterra, para que se lles realicen as autopsias, en cumprimento dos protocolos esixidos polas autoridades británicas.
Ademais, mantense o operativo de procura e rescate das persoas desaparecidas tras a mellora das condicións climatolóxicas "notablemente". Nel participan un buque, un pesqueiro e un avión.
Escribe o teu comentario