Vigo disporá dun servizo de aluguer de bicis elécticas con Welgood en sete párquines da cidade

 Abel Caballero anunciou esta iniciativa, financiada con fondos europeos, que dotará de 10 bicicletas a cada un dos párquines.


|

Welgood pone en marcha un servicio de alquiler de bicis eléctricas en Vigo, disponibles en siete parking de la ciudad.
Foto: EP

 

A compañía Welgood puxo en marcha un servizo de aluguer de bicicletas eléctricas en Vigo , que están xa dispoñibles en sete aparcadoiros da cidade olívica.

Tal como anunciou o alcalde, Abel Caballero, haberá 10 bicicletas en cada un destes parking, onde se inclúe o de Avenida de Castelao, o de Jenaro de la Fuente, o de Policarpo Sanz, o de Areal, o de Pintor Colmeiro, o de Urzaiz e o de Praza da Independencia.

O rexedor explicou que os vehículos se poden devolver en calquera aparcadoiro e poden reservar previamente. Esta iniciativa está financiada a través dos fondos europeos.

Todo iso despois de que a semana pasada o goberno local autorizase a instalación de estacións de recarga de vehículos eléctricos e de bicicletas nos aparcadoiros subterráneos. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE