O TSXG paraliza o parque eólico Alto de Montouto entre A Cañiza e Covelo

Os maxistrados din "non ter dúbidas" de que "existen moitas posibilidades de que a afectación ao medio sexa efectiva e irreversible".
 


|

Plan de parque eólico Alto do Montouto.
 


O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) paralizou preventivamente a execución do parque eólico Alto de Montouto, situado nos concellos pontevedreses da Cañiza e Covelo, tras estimar unha petición da asociación Ecoloxistas en Acción Galiza, Atlántica e Verde, para a paralización cautelar da execución do parque.

No auto, con data de 15 de decembro, os maxistrados din "non ter dúbidas" de que "existen moitas posibilidades de que a afectación ao medio sexa efectiva e irreversible".

Foi a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta a encargada de ditar a resolución que outorgaba autorización previa e administrativa para a construción do parque eólico, agora paralizado.

O auto ditado polo TSXG, estima a pretensión da asociación ecoloxista en base á "división artificiosa do parque e defectuosa tramitación da información pública".

Ademais, o TSXG declarou que dada a confluencia de varios parques eólicos nas inmediacións do proxecto 'Alto de Montouto', non se pode "dar por enteiramente veraz" a súa declaración de impacto ambiental (DIA) nin os informes que a apoian, pois é unha "incógnita" se esta refírese á "radiografía exacta do medio ou estaría mediatizada pola fragmentación artificiosa do parque".

Do mesmo xeito, apoiándose no principio de precaución do Dereito Comunitario, afirmou que non serviría permitir a execución do proxecto se posteriormente "hai que desfacer o status quo a costa do erario público".

Así mesmo, o auto do tribunal galego recalca que o gran lapso de tempo que tivo que esperar a empresa promotora para obter a autorización fai que non sexa "moi equitativo pola súa banda" botar a culpa á xustiza da caducidade das autorizacións administrativas.

Finalmente, o auto recoñece que a asociación ecoloxista "invoca con éxito" a doutrina de aparencia de bo dereito para conseguir a suspensión cautelar do acto administrativo, anulando os actos similares relativos á autorización de parques eólicos.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE