Abre o prazo de axudas da Xunta a producións e coproducións audiovisuais

Producións como Matria ou Sica foron apoiadas por estas subvencións


|

Fotograma de 'Matria', de Álvaro Gago
Fotograma de 'Matria', de Álvaro Gago

A Xunta de Galicia abriu este venres e até o próximo 24 de abril o prazo de solicitude das subvencións de 2023 a producións e coproducións audiovisuais, ás que destina 2,5 millóns de euros como a principal liña de investimento directo no sector a través do programa anual de axudas do departamento de Industrias Culturais.

 

Durante o período 2021-2023, esta vía de fomento compleméntase coas convocatorias postas en marcha pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades ao redor do marco Hub Audiovisual. Desta forma ambas as liñas de investimento suman oito convocatorias de subvencións para o cine e a televisión, cun importe conxunto de case 7,4 millóns de euros.

 

Conforme sinalou o departamento que dirixe Román Rodríguez nun comunidao, trátase, ademais, dunha das 57 accións recollidas no Plan Xeración Cultura, a través do que a Xunta inxectará 34 millóns de euros no sector cultural galego para acompañar e reforzar o seu "gran momento creativo e profesional".

 

Xunto con outras medidas, como é a entrada en funcionamento da Galicia Filme Commision, o programa de subvencións centra o apoio do Goberno galego ás empresas e profesionais do cine e da televisión durante todo o proceso audiovisual: desde o impulso do talento na fase de creacion até a promoción, comercialización e exhibiciín dos traballos, pasando polo seu preproducción, rodaxe e postproducción.

 

A súa prioridade é tanto atender ás necesidades máis inmediatas das produtoras como sentar as bases para a consolidación e impulso do sector audiovisual a medio e longo prazo.
 

MÁIS DE 160 PROXECTOS APOIADOS DESDE 2012

A Xunta destaca que a experiencia destes anos confirma o importante retorno económico directo da produción audiovisual na Comunidade galega, a súa achega cultural e a súa contribución á proxección exterior de Galicia.

 

As axudas diríxense especificamente a produtoras audiovisuais independentes para catro categorías e 13 submodalidades de proxectos segundo os traballos sexan longametraxes cinematográficas de ficción, documentais ou de animación; longos en coprodución internacional con participación minoritaria española, curtametraxes, ou películas para ser emitidas por televisión ou plataformas.


Coproducións a nivel estatal como Matria ou Sica son algunhas das recentemente proxectadas na Berlinale e no Festival de Málaga que foron apoiadas pola Xunta a través destas subvencións. No mesmo festival, tiveron tamén a súa estrea Honeymoon e Amigos até a morte, outras dúas cintas subvencionadas polo Goberno galego.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE