Criticas ás convocatorias de Whatsapp para mobilizar aos bateeiros no paro do sector deste xoves
Bateeiros agrupados en Opmega, Amegrove e Socomgal lamentan que o parón convocado para o xoves, día 23, no sector "estea a realizarse de forma anónima e por mensaxe de whatsapp" e reclama "maior rigor".
As organizacións Opmega, Amegrove e Socomgal, na mesa de negociación coa Consellería do Mar, critican a "falta de rigor" entre os convocantes.
O paro terá lugar o vindeiro xoves 23 de marzo, un día no que se espera que o temporal obrigue a deixar en terra á maioría das embarcacións.

Bateeiros agrupados en Opmega , Amegrove e Socomgal lamentan que o parón convocado para o xoves, día 23, no sector "estea a realizarse de forma anónima e por mensaxe de whatsapp" e reclama "maior rigor".
Para estas organizacións, unha decisión de tal calado debería estar apoiada por unha convocatoria "asinada e con todo o rigor que se lle supón a un anuncio deste tipo".
Ademais, destacan o feito de que a medida coincida co aviso de temporal "que obrigará á maior parte de produtores a non saír á mar, pero debido ás condicións meteorolóxicas".
Por outra banda, desde Opmega, Amegrove e Socomgal critican que este tipo de decisións adóptense sen diálogo previo "porque a ninguén se lle escapa que este paro vai prexudicar aos bateeiros que se lles está pechando os polígonos por un episodio de toxina e que necesitan sacar xa o mexillón dos polígonos que aínda teñen abertos para poder vender".
"QUE PARO ES ESTE?"
Neste sentido, os responsables das tres asociacións pregúntanse "que tipo de parón é aquel que se realiza aproveitando a circunstancia do mal tempo, por unha banda, e que, así mesmo, prexudica a outros compañeiros".
Desde Opmega, Amegrove e Socomgal defenden a unidade do sector "porque só desta forma recuperaremos as zonas de recollida de semente que perdemos", á vez que aseguran que manterán diálogo coa Xunta para conseguir "o maior número de metros posible".
"Mentres sigan decretando máis aperturas, seguiremos sentándonos a negociar", indican as organizacións que lembran que manteñen aberta a vía xudicial contra a Consellería do Mar.
Escribe o teu comentario