Sanitarios e vascos están entre os máis faltan ao traballo e os galegos cumpren o 93% das horas

O absentismo laboral supón que no noso país pérdense o 7,1% do total das horas pactadas, aumentando un 1,1% con respecto ao trimestre anterior. A inmensa maioría prodúcese por causas por xustificadas. Por causas sen xustificar a taxa de absentismo a nivel estatal non chega ao 1,5%, o 1,4% en Galicia.
 


|

A taxa de absentismo (xustificado ou non) sitúase na comunidade galega no 6,8%, seis décimas por encima da media estatal (6,2%). 

 

Así o destaca unha nova edición do Informe Trimestral sobre o Absentismo Laboral que publica a consultora e ETT Ranstad. 

 

Por subsectores de emprego, as maiores porcentaxes de absentismo tiveron lugar en Actividades sanitarias (10,2%), Asistencia en establecementos residenciais, Actividades de servizos sociais sen aloxamento (10,1%), Actividades de xogos de azar e apostas (9,8%), e Actividades postais e de correos (9,6%). 

 

Algo que confirma dúas tendencias coñecidas, sanitarios e traballadores de residencias sofren unha importante tensión por sobrecarga de traballo e o persoal de empresa pública e tamén os operarios de casas de apostas, aínda que por motivos ben diferentes.

 

 

Cifras de absentismo por comunidad autonoma segu00fan cifras del INE tratadas por Ranstad
Cifras de absentismo por comunidade autonoma segu00fan cifras do INE tratadas por Ranstad

 

O mapa de absentismo por comunidades autónomas para indicar unha posible relación entre ausencias e paro. As autonomías con maior desemprego, Andalucía e Estremadura, son as que sofren menos absentismo laboral. Pola contra, varias das autonomías con mellores condicións laborais, como o País Vasco ou Cantabria, están entre as que padecen máis ausencias sen xustificar.

 

 

No conxunto do país, Randstad Research destaca no seu estudo que máis de 1.260.000 de españois non acoden ao seu posto de traballo de media cada día. Exactamente, durante o segundo trimestre de 2022, foron 1.261.633 profesionais, dos cales o 22,1% (279.169) fixérono a pesar de non estar de baixa, mentres que o 77,9% (977.054) ausentáronse por unha incapacidade temporal.

 

FIN DO O MITO DO CHICARRÓN DO NORTE?

Os vascos e os cántabros son, con bastante diferenza, os que máis faltan ao traballo sen ter baixa. Perden un 1,9% das horas sen xustificar, fronte ao 1,4% da media española, que é xustamente a porcentaxe galega.

 

O absentismo laboral supón que no noso país pérdense o 6,2% do total das horas pactadas, reducir un 0,9% con respecto ao trimestre anterior. O absentismo non debido a incapacidades temporais, é dicir, o non xustificado, tivo unha taxa do 1,4%.

 

En canto a sectores, o de servizos é onde se rexistra un maior absentismo, cunha taxa xeral do 6,3%, preto de cerca pola industria, cunha porcentaxe do 6,2%. O sector da construción é onde menos absentismo se produce, un 4,7%, 1,5 puntos porcentuais por baixo da media da economía.

 

Image (4)
Image (4)

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE