O Celta pecha a súa portaría coa fichaxe de Marc Vidal
A incorporación do cérbero do Barça B pecha o capítulo do arco en Balaídos.
Nas oficinas da Sede traballan con afán para dar saída ao excenso de efectivos no persoal de Claudio Giráldez, pero tamén para dar ao técnico todas as pezas necesarias para vivir unha gran tempada no Celta de Vigo. Son moitas as parcelas que necesitan dalgún que outro retoque, especialmente en ataque tras o adeus de Strand Larsen, ou no centro do campo, xa sen Tapia. Con todo, é a portaría a primeira das zonas que xa ten cuberta coa última fichaxe da entidade celeste.
E non é outro que Marc Vidal, porteiro de 24 que, ademais de vestir a casaca dos inferiores da selección española, vén de completar unha gran tempada no Barça B, onde quedou ás portas de ascender a Segunda División. Aínda que pola súa idade podería ser un "problema", xa que se xoga co primeiro equipo quedará xa definitivamente cos maiores, Vidal vén para ser terceiro porteiro e, en principio, integrará as filas da Celta Fortuna de Fredi Álvarez.
Ademais en en A Masía, Vidal tamén pasou polas canteiras de Vilarreal, de onde é natural, e Real Betis, ademais de polas filas do Andorra, co que debutou na división de prata do fútbol nacional. Firma por catro tempadas até 2028.
Vidal súmase á nómina de porteiros celtiñas que compuñan, até agora, Vicente Guaita e Iván Villar, os chamados a pelexar por un posto no once. Con este tres, máis os outros gardametas do filial, o Celta ten completa a defensa do arco salvo algunha sorpresa de última hora, como unha lesión, como ocorreu no seu día con Marchesín, ou unha gran oferta -que non se espera- ou unha declaración de reveldía dalgún dos porteiros en busca de minutos noutra entidade.
Escribe o teu comentario