Roxen os motores para unha nova edición do Rali Berberecho de Noia
A competición, que homenaxeará ao piloto Diego Mayo nesta edición, terá lugar no municipio noiés do 19 ao 20 de abril.
Motores a punto e pneumáticos en perfectas condicións para asumir a esixencia dun percorrido mítico no mundo do rally en Galicia. O Rali Berberecho de Noia enfila xa o seu XXXVIII Edición, case nada, cando a súa escuadra organizadora celebra as súas vodas de ouro. Volverá ser un dos grandes atractivos do calendario do motor en Galicia e será, ademais, unha gran homenaxe ao desaparecido Diego Mayo, ao que se lle renderá tributo.
A competición está programada para o día 19 e 20 de abril con 133 coches inscritos. "É moito máis do esperado", celebraba Javier Rodríguez, presidente da Escuadra Beberecho, que interpreta a boa acollida como "un orgullo" por ver que "á xente gústalle vir".
![Ralinoia noia img5020n1t0](/multimedia/images/6650387.jpg)
Con todo, os organizadores si lamentaron que, a diferenza doutros anos, nesta ocasión si houbo que suspender o tramo urbano por unha cuestión loxística. Para que os afeccionados poidan estar máis preto dos coches, celebrarase unha cerimonia de saída cun percorrido polo centro urbano de Noia cun breve acto de presentación e palabras para lembrar a Diego.
Xa o sábado será o momento de axustar o cinto, co primeiro coche tomando a saída a iso das 8:30 horas nunha xornada onde a gran novidade será un tramo por Brión, que se suma a esta festa do motor que se prolongará até ben entrada tárdea-noite e que dimirirá se Víctor Senra segue sendo intocable como parece ou si Alberto Meira pode asaltar o máis alto do podio.
Escribe o teu comentario