Mingueza e Manquillo recibirán o agarimo do celtismo este martes no Corte Inglés de Vigo
Os defensores serán os representantes do club na sesión de firmas nos grandes almacéns olívicos.
Nesta recta final de tempada, con todo por decidir, ao Celta de Vigo só pode recorrer a dous elementos que no pasado axudáronlle a salvar situacións igual de comprometidos: unión e afouteza. Expoñentes desas dúas características que deben acompañar aos celestes nestes últimos partidos para salvar o descenso, Óscar Mingueza e Javier Manquillo son os chamados polo Corte Inglés da cidade olívica para a sesión de firmas que se celebrará este martes 16 de abril nos grandes almacéns de Vigo.
O acto terá lugar ás 18:30 horas no departamente de deportes, na 5ª planta da superficie comercial, onde O Corte Inglés convoca a todo o celtismo para acudir a este encontro cos dous defensores, fundamentais para que o Celta saque os mellores resultados nos partidos que quedan.
A comuñón do vestiario e a bancada é capital para o bo facer do conxunto que dirixe Giraldez, que desde a súa chegada suma catro de nove puntos posibles. A derrota ante o Betis en Sevilla afasta ao Celta do obxectivo, aínda que segue tres puntos por encima do Cádiz, o equipo que ocupa o último posto que dá un billete sen retorno a Segunda División.
![Image](/multimedia/images/6647114.png)
Mingueza, fundamental desde a súa chegada a Vigo, é un dos futbolistas máis queridos pola bancada pola súa entrega nestas dúas tempadas como celtiña. Manquillo, pola súa banda, chegou o pasado mes de xaneiro para reforzar a retagarda. A súa experiencia na Premier conceden ao Celta un lateral curtido en mil batallas e que desde a súa chegada fíxose un oco nos plans primeiro de Benítez e agora do novo técnico, que o pasado venres lle deu a titularidade ante os verdibrancos.
Escribe o teu comentario