Jailson Marques aterra en Balaídos para equilibrar o medular celeste

O brasileiro é a última incorporación dun Celta que busca acometer máis fichaxes neste mercado de xaneiro.


|

Jeilson Benvida 16x9
Foto: RC Celta

 

Na tarde de onte se oficializó o que era un segredo a voces: Jailson Marques comprometíase co Real Club Celta de Vigo. O futbolista brasileiro será parte da entidade celeste o que resta de curso e unha campaña máis, con opción a outra opcional. A súa adaptación ao esquema de Rafa Benítez, o seu principal valedor, será clave para que se faga efectiva a súa prolongación.

 

A de Jailson era unha contratación máis que necesaria nunha parcela do campo que sufriu moito este curso despois da saída dun xogador tan importante como Gabri Veiga. O ex de Gremio ou Palmeiras, que xa viviu unha breve etapa no fútbol europeo co Fenerbahçe, tratará de achegar maxia e experiencia á medular, necesitada de reforzos.

 

Con todo, non é a única posición na que o Celta se está movendo. Un xogador para a media punta ou un extremo -Carles Pérez non parece haber gañado a confianza de Benítez- son as prioridades nun equipo que necesita dun arreón nesta segunda fase da campaña, tendo en conta que os malos resultados cultivados até xaneiro -só dúas vitorias- obrigan aos celestes ha protagonizar unha gran segunda volta para saír da zona baixa da táboa. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE