O Celta confía o seu futuro a Marco Garcés, a substitución de Luís Campos na dirección deportiva

O novo director deportivo do cadro celtiña asumirá a difícil tarefa de reanimar a un equipo moi tocado no mercado de inverno. 


|

Garcu00e9s
Foto: LAFC

 

Chegou a Vigo como gurú do fútbol internacional e márchase de Balaídos pola porta de atrás e sen convencer a ninguén nin dos seus métodos nin da súa verdadeira implicación. A saída de Luís Campos da Sede puxo punto e final a unha relación que llas prometía moi felices desde o anuncio da súa alianza pero que nunca terminou de callar a beiras do Atlántico. O portugués, coñecido por ser un dos grandes descubridores de talentos do fútbol europeo, deixa o Celta de Vigo cunha bagaxe máis que cuestionable, uns resultados moi pobres e a evidencia de que nin unha soa das súas apostas saíu como estaba prevista. Marco Garcés será o seu remplazo na cúpula do club celeste.

 

E é que moitos foron as fichaxes de Campos, pero moi poucos os que convenceron. Swedberg, Bamba, Larsen, Carles Pérez, Gonçalo Paciência, Mingueza...moitos xogadores que visten ou vestiron a elástica do Celta levan o seu selo, pero non todos triunfaron ou estiveron preto de facelo. O mesmo ocorre cos adestradores, xa que até catro estreitaron a man de Campos en ano e medio. No entanto, foron os de casa, os canteiráns, personificados en Aspas, Veiga e Villar, os que o ano pasado volveron tirar do carro para lograr a permanencia sobre a bucina. 

 

Coa saída de Moruiño, o seu principal valedor, e a chegada da súa filla Marian á presidencia, Campos quedouse sen moitos argumentos nunha entidade que vai á deriva no deportivo, en postos de descenso e cun Rafa Benitez igual de cuestionado. No entanto, desde o club insisten en que a folla de ruta está marcada e que a seguirán a pesar da ausencia de Campos.

 

Agora, será o exfutbolista mexicano Marco Garcés o que ausma o temón do mando de operacións. Garcés vén de ter éxito con Los Ángeles FC da MLS e goza de experiencia no fútbol azteca con Pachuca e no terreo da captación para grandes como Liverpool ou Manchester United. Como director deportivo pode presumir de levar á a estrelas como Bale ou Chiellini. O seu próximo obxectivo é un centrocampista capaz de cubrir as carencias dun Celta que cojea por moitas das súas patas. Ten traballo por facer Garcés para manter ao Celta en Primeira. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE