O bádminton galego cólgase o bronce no Campionato de España de Seleccións
O combinado galego impúxose á Comunidade Valenciana na loita polo terceiro posto.
O Campionato de España Absoluto de Seleccións de bádminton deixou unha gran alegría para a selección galega, que callou un sensacional torneo e colocouse no terceiro escalafón do podium, onde Andalucía se colocou no máis alto, seguida pola Comunidade de Madrid.
Precisamente, a selección madrileña foi a verduga en simifinales dunha selección galega que a punto estivo de pelexar polo ouro en Villaueva da Beira, onde se celebrou o campionato. Un rifado 3-2 a favor dos da capital mandou a Galicia á loita polas medallas contra a Comunidade Valenciana, ante a que se impuxo por outro fecheiro 3-2, esta vez a favor do cadro irmandiño que remou ao contraxeito para remontar o 0-2 co que comezou a batalla para acabar levar o bronce.
Previamente, Galicia dera mostras de ser capaz de dar a badalada ao superar a Canarias e Asturias por 5-0 e 4-1 en fase degfrupos. Xa en cuartos de final despachou a Castela-A Mancha cun contundente 5-0. Desde a Federación celebran este paso á fronte dado polos xogadores e xogadoras de Galicia, que obtiveron "unha merecida recompensa ao esforzo, a dedicación e a paixón postas en cada raqueta e en cada xogador".
Escribe o teu comentario