A primeira gran pista cuberta e pública de skate en Galicia abrirá en Culleredo
O Comité Olímpico Internacional (#COI) inlcuye o skateboarding entre os deportes olímpicos de París tras debutar en Tokio. En París haberá dúas modalidades, skateboarding street e park. O investimento da Xunta inclúe tamén a creación de pistas de baloncesto 3x3, que é outro deporte olímpico.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns na presentación do proxecto para a construción dun parque de skate e de tres pistas de baloncesto no complexo deportivo de Acea de Ama, no municipio coruñés de Culleredo, ao que a Xunta destinará 2,6 millóns de euros.
Segundo trasladou o Executivo galego a través dunha nota de prensa, no acto de presentación do parque detallouse como serán as infraestruturas que se licitarán no mes de xaneiro de 2024, cun prazo de execución de 10 meses.
Por unha banda, construirase un parque de skate que sumará unha superficie de 2.700 metros cadrados e contará cos espazos principais necesarios para practicar a disciplina e a capacidade de acoller competicións.
Por outra banda, crearanse novas pistas de baloncesto 3x3 e espazos de convivencia, que sumados aos do parque aumentan a superficie das novas instalacións a 5.600 metros cadrados.
Tal e como informou o vicepresidente primeiro, esta iniciativa prevé unha segunda fase na que se cubrirá o recinto, o que converterá a infraestrutura na primeira de Galicia cunha zona de skate cuberta de gran dimensión e de uso público, así como "un referente a nivel nacional", orzada en case 1 millón de euros. O obxectivo é facilitarlles a deportistas e afeccionados un espazo onde poder practicar a disciplina sen estar condicionados pola meteorología.
![Skateboarding en una imagen de la Federaciu00f3n Espau00f1ola de Patinaje](/multimedia/images/6425511.jpg)
APOIO Ao DEPORTE URBANO
Diego Calvo referiuse á creación deste novo parque de skate como "un exemplo máis do compromiso da Xunta co deporte urbano e co fomento da súa práctica" e destacou a importancia do skate entre os máis jovenes, unha disciplina que se estreou como olímpica en Tokyo coa galega Julia Benedetti como unha das representantes.
O conselleiro tamén recalcou que en 2024 destinaranse 17,5 millóns de euros á creación e mellora de infraestruturas deportivas en toda Galicia, no marco dun "orzamento marca" para o conxunto do deporte galego, que ascende a 56 millóns de euros.
En total, na área da Coruña fixéronse investimentos de case 2 millóns de euros nesta liña: no pavillón de Agra II, no Monte dás Moas e no pavillón de Monte Alto, aos que se lle sumarán 500.000 euros máis coa próxima licitación de Elviña II.
Escribe o teu comentario