Rubiales arrastra a Jorge Vilda na súa caída e o seguinte pode ser Luís de la Fuente
As federacións territoriais piden a dimisión de Rubiales, que nas próximas horas será apartado polo TAD despois da denuncia do CSD, pero co o presidente da RFEF pode caer tamén o seleccionador da Selección Española que vén de proclamarse campioa do mundo no Mundial de Australia e Nueza Zelanda. Nin o éxito de 'A Vermella' pode salvar ao preparador.
Unha das imaxes máis rechamantes e criticadas da Asemblea celebrada o pasado venres na que Luís Rubiales confirmaba que non ía dimitir foi a dos aplausos dos dous seleccionadores nacionais.
A Vilda foille ofrecida a renovación por parte de Rubiales durante a propia declaración do mandatario. Unhas horas despois todo o seu equipo técnico dmitió en bloque e todas as campioas do mundo renunciaron ao combinado nacional.
Con Vilda no disparadero, é Luís de la Fuente o que está agora no arame. Rubiales era o seu principal valedor e sen a súa figura, e coa súa imaxe moi cuestionada, pode ter tamén as horas contadas.
Escribe o teu comentario