OFICIAL: Gabri Veiga abandona o fútbol europeo con 21 anos por un contratazo en Arabia Saudita
A do futbolista galego é a primeira gran investimento por unha promesa do fútbol nacional que fai o fútbol saudita.
En apenas unha tempada Gabri Veiga pasou de ser un diamante en bruto a un dos futbolistas mellor pagos do planeta. Aínda que o seu destino parecía ser un dos grandes clubs de Europa despois do sensacional curso que callou en 2023, finalmente o auxe da Superliga de Arabia Saudita seduciu ao vigués, que compartirá vestiario con Allan Saint-Maximin, Frank Kessié, Roberto Firmino, Edouard Mendy ou Roger Ibáñez.
O xiro de guión chegou despois de que se torcese a fichaxe de Veiga polo Napoli. Cando parecía abocado a xogar en San Paolo e pelexar por reter o Scudetto no equipo azurri, os italianos, que xa chegaran a un acordo co Celta, atoparon dificultades para asinar o contrato polos termos negociados co futbolista.
Foi nese momento cando entrou o Ao-Ahli, que leva a Yeda á perla da Madroa por un prezo final de 35 millóns de euros, algo máis barato que o que fixa a súa cláusula. Veiga pasará a cobrar entre 12 e 15 millóns de euros por cada unha das tres tempadas que asinou cos saudies. No económico, supón un negocio redondo para todas as partes e un gran impulso para unha liga que aspira a seguir crecendo a golpe de talonario.
Doutra banda, a súa saída foi moi comentada, espertando as impresións de figuras como Toni Kroos, que considera un bochorno esta fichaxe ao tratar dun futbolista con moita carreira por diante e que prima o económico ao deportivo. Noutra orde, cúmprese o desexo de Benítez de pechar canto antes o tema Veiga para poder acometer todas as fichaxes que lle resta por abordar ao Celta na semana que queda ao mercado de fichaxes.
Escribe o teu comentario