Ferrol recibe este sábado a máis de 200 triatletas nunha proba do Campionato de Galicia

Os deportistas chegasen á cidade naval provenientes dunha vintena de clubs


|

Triatletas
Triatletas


Ferrol acollerá este sábado o XXI Tríatlon Cidade de Ferrol Campionato Galego Xunta de Galicia 2023, unha proba na que se darán cita máis de 200 deportistas dunha vintena de clubs de Galicia.

O peirao de Curuxeiras será o escenario elixido para celebrar este campionato, que dará comezo ás 16,00 horas coa saída da proba popular (69 participantes). Ás 17,30 horas será a saída da proba masculina (96 participantes) e ás 18,45 horas a feminina (45 participantes), estando prevista a finalización ao redor das 20,15 horas.

O Club Tríatlon Ferrol e a Federación Galega de Tríatlon son os encargados de organizar esta proba, da que o concelleiro de Deportes de Ferrol, Ricardo Aldrey, destacou que "é o segundo campionato de tríatlon que se celebra en Ferrol en algo máis dun mes".

"Estamos contentos de que a nosa cidade acolla a celebración deste tipo de eventos deportivos", dixo, engadindo que estas competicións "serven sempre para potenciar o deporte, apoiar aos deportistas e, tamén, dar a coñecer a cidade".

 

CIRCUÍTO

Os participantes deberán de nadar 750 metros, facer 20 quilómetros en bicicleta e correr outros 5 quilómetros, polo que se estableceu un dispositivo de seguridade coa presenza de integrantes de Protección Civil e Policía Local.

O circuíto compono a lámina de auga entre A Cortina e Punta Martelo (natación); desde o peirao até o acceso norte (bicicleta) e desde o peirao até o Teatro Jofre (carreira).

Desde o Club Tríatlon Ferrol, Carlos Formoso 'Cali', agradeceu o apoio das administracións públicas e das entidades privadas; "especialmente a axuda do Concello de Ferrol, da Autoridade Portuaria e a da Xunta de Galicia", mentres que o presidente da Federación Galega de Tríatlon, Javier Campos, puxo en valor "o esforzo organizativo que supón un tríatlon que é Campionato Galego".

Campos avanzou a participación dos "mellores triatletas de Galicia", que aproveitarán a proba para "#medir de face á Copa do Mundo que se celebrará en Valencia a próxima semana".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE