Alberto Abalde tamén queda sen Mundial e a Scariolo xa só quédalle un descarte

O seleccionador nacional, no seu percorrido cara ao Mundial de Xapón, Filipinas e Indonesia, cortou ao xogador galego, que non participará na cita.


|

Abalde
Foto: FEB

 

Si no EuroBasket foron as lesións, no Mundial foi a alta competencia ou o escaso ritmo de Alberto Abalde o que fixo a Sergio Scariolo precindir das prestacións do galego. O de Ferrol tampouco participará nesta cita na que a Selección Española, no seu centenario, tratará de defender o seu cetro como campioa do mundo, título conquistado en China en 2019. 

 

Con Abalde, fixeron as maletas Sebas Saiz e Jaime Pradilla. A pesar da gran constelación de estrelas que se embarcan no periplo por Asia, hai baixas sensibles, como a de Lorenzo Brown, que declinou participar, ou Ricky Rubio, que decidiu non acudir ao Mundial para coidar a súa saúde mental. 

 

Núñez, Llull, Abrines, Brizuela, Rudy Fernández, Joel Parra, Claver, Aldama, Garuba, Alberto Díaz, Jaime Fernández e Juancho e Willy Hernangómez son os preseleccionados. Só queda tomar unha decisión na dirección técnica, pendente de como evoluciona a lesión de Alberto Díaz. Scariolo debe decidir antes do 26 de agosto, momento no que empeza o Mundial. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE