España á final! A Vermella clasifícase ante Suecia en dez minutos de tolemia (2-1)

Os goles de Paralluelo, que volveu facer historia saíndo desde o banco, e Olga Carmona levan á selección feminina, na súa terceira participación mundialista, até a finalisima, onde esperan Inglaterra ou Australia, a anfitrioa. 


|

Paralluelo
Foto: Selección Española

 

Non hai quen as poida parar. As pupilas de Jorge Vilda deron a enésima badalada do torneo e clasificáronse á final do Mundial de Fútbol feminino cun extraordinario partido ante Suecia que se resolveu nos últimos dez minutos do encontro, no que se sucederon os goles. 

 

España dominou o partido, pero non perforou a meta escandinava ata que Paralluelo, que de novo saíu de refresco, cazou un balón solto na área para facer o 1-0 no minuto 81. O gol tivo o seu momento de suspense ao ser revisado polo VAR, que finalmente concedeu o tanto da futbolista zaragozana.

 

Suecia botouse ao ataque e logrou a igualada no 87 nunha xogada similar ao gol hispano, cun centro alto de Rolfo que cabeceou unha compañeira na área para servila franca a Blomqvist, que a empuxou a pracer imposible para Coll.

 

Cando o partido parecía condenado á prórroga con ese gol, España sorprendeu nada máis sacar de centro, rabuñando un córner que serviu en curto a galega Tere Abelleira para que Olga Carmona conectase un zapatazo que pillou a Musovic mal colocada e coouse no arco para o definitivo 2-1 que leva a España á final. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE