A Estación de Manzaneda seguirá aberta toda a semana con tarifas reducidas

A Estación de Montaña de Manzaneda funciona a pleno rendemento grazas ás baixas temperaturas


|

Estaciu00f3n1
Estación de Montaña de Manzaneda / Foto: Estación de Manzaneda

A Estación de Montaña de Manzaneda vive un fin de semana de neve, ofrecendo aos visitantes, ademais de espectaculares paisaxes, a posibilidade de esquiar por cinco quilómetros e sete pistas: Xeixo, Fontefría, Regacho, Pluviómetro, Charrelas, Antenas e Río.

 

As instalacións abriron as súas portas o venres, cun total de 1.700 metros esquiables, aínda que a superfie foi aumentando, grazas ás condicións climáticas. A innivación dos canóns foi continua nos últimos días, ao mesmo tempo que o facía o número de persoas que se achegaba a gozar da neve.

 

Prevese que as temperaturas sigan sendo moi baixas os próximos días. Segundo afirmaron desde a estación de esquí, esta permanecerá aberta de luns a xoves con tarifas reducidas, pasando o prezo por día a valer 22 euros, en lugar dos 27 habituais.

 

O horario é de 10:00 a 17:00 horas e o aluguer de 09:00 a 16:30 horas. Tamén estará dispoñible, segundo informaron, o telesilla, o servizo de restauración e A Tasquiña, ademais do resto de servizos como a piscina e o spa.

 

CONDICIÓNS IDEAIS PARA ESQUIAR

A Estación de Montaña de Manzaneda deixa este fin de semana unha estampa que hai anos que non se lembraba. As baixas temperaturas permitiron crear as condicións perfectas para innivar e poder abrir a estación á práctica de esquí este fin de semana. A pesar de que non nevou desde o pasado mércores, os valores por baixo dos -3ºC permitiron a innivación cos canóns funcionando a pleno rendemento.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE