Partido tenso en Balaídos que termina en empate

O Celta de Vigo empezou con bo pé desde o seu primeiro gol no minuto 1, pero pronto o Deportivo igualou o marcador, que permaneceu inmóbil durante todo o partido


|

Deportivo en balau00eddos
Villares levou ao Deportivo ao empate no minuto 40 da partido / Foto: @riazororg

O encontro desta tarde en Balaídos entre o Celta de Vigo e o Deportivo resultou nun ambiente tenso, cunha rivalidade intensa entre ambos os equipos, que finalmente, terminaron nun empate 1-1, unha puntuación que se mantivo no marcador durante toda a segunda metade do partido.

 

O Deportivo comezou con mala sorte este partido contra o equipo olívico, pois foi xa no primeiro minuto de xogo cando un gol de Iker Losada desigualó o marcador. Desde este mal comezo, os coruñeses mantivéronse por detrás do Celta.

 

O empate case chega no minuto 21 do partido, pero un tiro a porta de Víctor Narro golpea ao pau. O Deportivo acababa de aterrar en Balaídos con todas as súas forzas e con intencións de exceder aos vigueses.

 

O marcador igualouse finalmente no minuto 40, pouco antes do final da primeira parte do partido, cun gol de Villares, que levou, por fin, ao equipo herculino á remontada.

 

Á volta do descanso, parecía que o Deportivo quería canto antes un 1-2 no marcador. Soriano dispara no minuto 49, pero o balón vai á escuadra. Segundos despois remata Ibai, pero o balón vaise arriba.

 

Despois de cambios de xogadores por parte do Celta B e do Deportivo, vaise achegando o final do xogo. O equipo coruñés avanza pola banda e Yeremay dispara, pero falla. A recta final está a facer o partido moi tenso.

 

O Dépor segue insistindo: Villares buscou o dobrete tirando a portería no minuto 85, pero o porteiro do Celta, Christian Joel, conseguiu parala sen dificultade.

 

Consumidos os 90 minutos e comezado o desconto, o marcador xa non parecía que fose cambiar. E así foi, o encontro entre o Celta B e o Deportivo da Coruña terminou nun igualado 1-1 en Balaídos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE