A reapertura da piscina olímpica de Pontemuíños depende da seca, informa Fundación Rías do Sur

A Fundación Rías do Sur confirmou este mércores a súa intención de reabrir para o curso escolar a piscina de 25 metros do complexo Pontemuíños, en Pontevedra, mentres que recoñeceu que a posta en marcha da olímpica, de 50, dependerá do fin da prealerta por seca decretada pola Xunta para a contorna do río Lérez.


|

A alerta por seca está condcionando a posta en marcha da piscina olímpica de 50 metros.

 

Mentres, a apertura da piscina de 25 metros de Pontemuíños podería darse para o inicio do curso escolar, sinala a Fundación. 

 

Piscina olu00edmpica
Piscina olímpica | Foto: Concello de Pontevedra

 

A Fundación Rías do Sur confirmou este mércores a súa intención de reabrir para o curso escolar a piscina de 25 metros do complexo Pontemuíños, en Pontevedra, mentres que recoñeceu que a posta en marcha da olímpica, de 50, dependerá do fin da prealerta por seca decretada pola Xunta para a contorna do río Lérez.

Nunha rolda de prensa, o presidente desta entidade, Héctor Vilariño; o seu responsable xurídico, Faustino Seoane; e o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, avanzaron os próximos pasos que dará a Fundación despois de que un auto xudicial decretase como medida cautelar a reapertura destas instalacións para permitir a actividade de deportistas federados e socios, mentres se dirime o conflito coa concesionaria, a empresa Sidecu.

Os responsables de Rías do Sur denunciaron no Concello de Pontevedra o estado "lamentable" da piscina olímpica, con problemas estruturais e falta de mantemento nos mecanismos internos de climatización, filtrado e clorado.

A pesar da vontade de que volva abrir para o novo curso escolar, admitiron que a situación actual de prealerta por seca supón un contratempo, xa que os traballos de mantemento previstos precisan dun baleirado completo do vaso. "Non encheremos a piscina novamente ata que a situación cambie", confirmou Vilariño.

Con todo, coa de 25 metros non sería necesario ese proceso, o que permitirá a súa posta en funcionamento en torno ao comezo do próximo curso escolar.

 

PECHADO DESDE ABRIL

Este recinto, situado en Pontemuíños, permanece pechado desde o pasado 1 de abril, cando a concesionaria alegou uns "inasumibles custos enerxéticos" para manter a actividade. Agora a Fundación asumirá con fondos propios os gastos derivados das reparacións e posta a punto, así como os labores de mantemento e o persoal.

Todos estes gastos reclamaranse na demanda xudicial que presentarán contra a concesionaria nos próximos días.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE