Amase Castro asina exemplares de 'Até Sempre, Malena Giestal' no Corte Inglés de Santiago de Compostela

A escritora viguesa estará nos grandes almacéns composteláns este sábado 3 de maio.


|

Amara Castro
Amase Castro

 

Malena Giestal é unha moza que, contra os designios da súa familia, embárgase nunha aventura empresarial deixando de lado o duro proceso de estudar para unhas oposicións. Esta historia pode soarlle a moitos e moitas por experiencias vitais que, no caso de Giestal, protagonista do último libro da viguesa Amase Castro, levarana ao límite, pero tamén lle descubrirá novos camiños.

 

EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Esta é a presentación do último traballo da autora olívica que, nesta nova obra, abre as portas aos lectores dunha Vigo por descubrir cunha historia "tan inquietante como esperanzadora", recentemente estreada e dispoñible desde o pasado abril en librarías.

 

Librarías como a do Corte Inglés de Santiago, o lugar escollido por Castro para reunir cos lectores este sábado 3 de maio, data na que presentará e asinará exemplares deste libro en horario de mañá, de 12 a 14 horas, e tarde, desde as 17 até as 21 horas. 

 

1200 x 1200 (3)

 

Esta cuarta novela de Castro, xornalista, tradutora e docente, aborda asuntos como a identidade e a reconstrución persoal, pero tamén as relacións familiares, a perda ou o duelo, con amores e desamores e un indubidable empeño da protagonista por superar as adversidades.

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE