A Coruña e media Galicia pendentes das entradas para o concerto de Marc Anthony no Peirao de Batería

O artista estadounidense de raíces portorriqueñas regresa á Coruña case dez anos despois desde o seu último concerto na cidade. 


|

Marc anthony
Marc Anthony

 

A xira mundial 'En Vivo' de Marc Anthony non podía non pasar pola Coruña. O neoyorkino, de orixe portorriqueña, regresa á cidade herculina cun novo concerto no marco do seu novo tour onde fai un repaso á súa longa traxectoria sobre os escenarios, contando en Galicia con miles de fans que esperan como auga de maio a apertura do proceso de venda de entradas

 

ENTRADAS Á VENDA MOI PRONTO

O show, programado para o próximo 13 de xullo, celebrarase no Peirao de Batería da Coruña, convertido nos últimos tempos como punto de encontro para a celebración dalgúns dos mellores concertos en todo o territorio nacional. Para comprar as entradas non haberá que esperar moito tempo, pois sairán á venda este xoves 24 de abril a partir das 10 horas nas canles oficiais


O concerto, con apoio da Xunta a través da Axencia de Turismo de Galicia, que integrou este espectáculo dentro dos Concertos do Xacobeo, será unha das citas do verán na comunidade, co rei da salsa facendo mover as cadeiras de todos os asistentes. 

 

Unnamed (2)

 

Pasou case unha década desde a última vez que Marc Anthony visitou A Coruña, cun concerto en 2016 onde fulminó todas as entradas en cuestión de dous días. Máis fresca está a súa visita a Santiago de Compostela, onde reuniu a 16.000 fans no Monte do Gozo en 2022.

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE