A Catedral de Santiago será o escenario para o concerto de Nadal da fadista María do Ceo
O acceso ao concerto, que arrinca ás 21 horas no templo compostelán, é libre até completar aforamento.
A Catedral de Santiago acolle este venres un concerto de Nadal a cargo da cantante María do Ceo e que contará coa participación do coro de lingua de signos 'Música nas miñas mans'. O acceso é libre até completar aforamento.
O programa estará composto por diferentes panxoliñas, ás que porá voz a popular cantante de orixe portuguesa, coñecida polas súas interpretacións de fados.
Así, a partir das 21.00 horas, escoitaranse pezas populares da tradición galega como 'Por entre as silveiras' ou 'Vos paxariños', e tamén de Portugal, como 'Em noite tao fría' ou 'Cançao de embalar'.
Escribe o teu comentario