Os lucenses pon nome ao novo auditorio municipal: 'Auditorio Fuxan vos Ventos'
O 65% dos votos nunha enquisa con catro candidatos foi para honrar ao mítico grupo de música galega.
Unha votación popular dos veciños de Lugo elixiu Fuxan vos Ventos como nome do novo auditorio. O grupo musical lucense, fundado en 1972, levou o 65% dos votos nunha enquisa con catro candidatos
A través dunha enquisa popular na web municipal, na que participaron máis de 3.000 persoas, escolleuse o nome do novo auditorio de Lugo. O gañador foi Fuxan vos Ventos, que foi escollido entre catro posibilidades, a proposta de diferentes colectivos.
As opcións, ademais da gañadora, eran Darío Xohan Cabana, Maruja Mallo e Maruja Villanueva; con todo, a gañadora arrasou na votación. De feito, dos 3.007 votos rexistrados, 1.966 foron para esta proposta, o 65%. A seguinte máis votada foi a do poeta lucense, con 542 apoios. Fóra de prazo, un colectivo veciñal presentou tamén a proposta de Negra Sombra, pero ao final non se incluíu na consulta popular.
Con este nome recoñécese así a traxectoria dun dos grupos máis emblemáticos da música galega, fundado na cidade de Lugo en 1972.
O novo auditorio de Lugo abrirá as súas portas o 20 de decembro e contará con tres días de actividade cultural de alto nivel, comezando por un concerto de Ainhoa Arteta o primeiro día, que se repetirá o domingo. O sábado actuará a orquestra Terra Nova, composta por 150 músicos e coristas.
Escribe o teu comentario