Recuperan unha cruz de prata do século XVII desaparecida na Terra Chá que escondía un veciño en Monforte
A Garda Civil atriubye aos investigado delitos contra o patrimonio histórico, receptación e falsidade documental.
A Garda Civil, no marco da operación gulgalta, detivo o martes a un veciño de Lugo, de 67 anos, como suposto autor de delitos contra o patrimonio histórico, receptación e falsidade documental.
Segundo informa, a operación iniciouse tras ter constancia da desaparición do interior dunha parroquia da Terra Chá dunha cruz de prata con alma de madeira, repujada, cebola redonda co relevo de San Martin no reverso e coa inscrición do ano 1696.
No desenvolvemento da operación contáctase con numerosos expertos na materia e "tras unha ardua investigación lógrase recuperar do interior dunha vivenda particular, situada na localidade de Monforte de Lemos, o ben eclesiástico desaparecido".
A Garda Civil explica que se interveñen outros obxectos de arte sacra dos que que o seu presunto propietario non podo determinar o seu licita procedencia, continuando xestións para determinar si as reliquias puidesen ser bens eclesiásticos.
Escribe o teu comentario