Volve o 'Revenidas Miúdo': Xabier Díaz e Guillerme Fernández, Ollo Piollo, Meigo Noel, Uxia Lambona e A Banda Molona...
Música, maxia, talleres, xogos e moitas máis actividades na II Edición do festival para toda a familia.
Despois do éxito o ano pasado co esteno da proposta, o 'Revenidas Miúdo' volve ao Monte do Gozo o próximo 28 de xullo cunha programación para todos os públicos a partir das 12 horas. E cando dicimos todos é todos os públicos, porque no Reve pensaron en grandes e pequenos para esta iniciativa que pretende facer gozar da música e dos expectáculos culturais a toda a familia.
Nesta ocasión, desde o Revenidas Miúdo apostaron por encher o recinto de músicos, magos e animadores, completando á xa de seu nutrida amálgama de artistas coas fichaxes de Xabier Díaz e Guillerme Fernández, a partir das cancións de berce de 'Arrolos de Leite', publicado por Xabier Díaz o pasado ano. Cé Orquestra Pantasma coa súa música e as súas gracietas, o grupo Ollo Piollo co seu equilibrismo navegando entre o hip hop, o country ou a bosanova, tamén se suman á festa.
Pero, ademais de música, este Reve garda máis sorpresas, como todas as que entran na chistera do Mago Noel co seu espectáculo 'Que Curioso!', onde os asistentes tamén terán moito que achegar ao show. Mentres, Bea Costa e a compañía Títetes Alakrán estarán presentes no 'Espazo Bebé', pensada para os máis pequeniños.
Estes nomes súmanse así aos de Uxía Lambona e A Banda Molona, que cortaron a cinta inaugural o ano pasado. Ademais, A Gramola Gominola, Brais dás Hortas, Peter Punk, Pakolas e Laura Romeu pechan o sensacional cartel deste ano, onde o público non debe esquecer o bañador para gozar das piscinas públicas. Talleres, zonas de xogos populares, un mercado creativo e outras sorpresas aínda por descubrir son outras das moitas actividades deste Revenidas Miúdo, que ano a ano faise maior.
Escribe o teu comentario