Cando saen á venda as entradas para ver a Aitana en Castrelos? Só hai 5.000 tickets

O da exconcursante de OT promete ser o concerto máis multitudinario deste verán no Auditorio ao aire libre da cidade olívica.


|

Aitana portamérica
Aitana | Foto: PortAmérica

 

Aitana é unha artista que move masas alá por onde pasa, e en Vigo non vai ser menos. Miles de fans esperan impacientes ao concerto da artista o próximo 3 de agosto no Auditorio de Castrelos, onde a entrada será gratuíta para a bancada, que promete a estar a rebordar ese día, pero cun pequeno número de afortunados en expona, espazo onde o Concello de Vigo preparou unha remesa de entradas dispoñibles para os máis madrugadores.

 

DOUS HORARIOS E DÚAS FORMAS DE CONSEGUIR As ENTRADAS

E é que os 5.000 tickets poranse á venda este venres 19 de xullo e só hai dúas formas de conseguilos. Para ver á exconcursante de Operación Triunfo o máis cerca posible hai que gardar cola para a apertura dos despachos de billetes de Castrelos este venres ás 9:30 horas, cando se porán á venda 2.000 pases. 

 

Outros 2.000 boletos estarán dispoñibles tamén no despacho de billetes a partir das 16:30 horas. A maiores, a web do consistorio vigués porá á venda de maneira online 500 entradas ás 9:30 horas e medio milleiro máis en horario de tarde, ás 16:30 horas. 

Os tickets para este concerto prometen voar, pero non será o único concerto de Castrelos, que "inaugurou" o sábado pasado Dani Fernández cunha soberbia actuación que reuniu a miles de persoas. Para o concerto do 7 de agosto, de UB40, Abel Caballero detallou que a venda de entradas terá lugar o xoves 24 de xullo, co mesmo sistema de venda que coas entradas para ver a Aitana.

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE