Dous de cada cinco graos universitarios en Galicia pechan a súa admisión no primeiro corte

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) publicou este martes as primeiras listaxes de admitidos nos graos universitarios das universidades públicas galegas.


|

O 41% das titulacións, un total de 78, xa están completas. Ningunha das que ten a súa listaxe pecha pertence á UVigo.

 

Cabe lembrar que, no caso de que o solicitante apareza convocado nunha titulación que non sexa a súa primeira preferencia, poderá optar por esperar a ser admitido na súa preferida mentres este non peche a admisión.
 

Archivo - Estudiantes en la Facultad de Ciencias de la Comunicación de Santiago, en el primer día de la Avaliación para o Acceso á Universidade (ABAU).
Foto: EP

 

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) publicou este martes as primeiras listaxes de admitidos nos graos universitarios das universidades públicas galegas.

O 41% das titulacións teñen todas as prazas cubertas, aínda que ningunha destas está na Universidade de Vigo (UVigo). Así, as 78 que están xa completas repártense entre as de Santiago (#USC) e A Coruña (UDC).

A CiUG, tras este primeiro corte, lembra que só se poden matricular aqueles aspirantes que na Avaliación do Bacharelato para ou Acceso á Universidade (ABAU) alcanzasen unha cualificación igual ou superior á da última persoa convocada, que figura na listaxe.

No caso de que o solicitante apareza convocado nunha titulación que non sexa a súa primeira preferencia, poderá optar por esperar a ser admitido na súa preferida mentres este non peche a admisión.
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE